lunes, 19 de mayo de 2014

Os alumnos de 1º ESO B tamén traballaron cos móbiles

Os alumnos de 1º ESO B levan seis semanas traballando no proxecto que eles mesmo titularon "Mamá, non me castigues sen móbil".
En parellas ou en grupos de tres foron creando TUTORIAIS para que as persoas aprendan a sacarlle partido ao teléfono móbil, como fan os propios alumnos.


Kirsy e Ledicia explícannos que é Instagram e para que serve:


                                                                  
                 




Jonny e Brais preséntannos o tutorial de APALABRADOS. Como xogar en rede a este xogo tan actual e creativo...? Vede o vídeo!


                                                                                       




Noel, Sara e Xoel fixeron un tutorial para ensinarnos a usar  Invenio carmen, unha aplicación para escoitar no teléfono móbil música de xeito gratuito.


                                                                                                                               



Ana, Lidia e Manuela móstrannos neste tutotial como editar fotos utilizando a app Photofunia:





LETRAS GALEGAS 3º ESO A E 3º ESO B


Nos dous grupos de 3º da ESO aprendemos a facer un blog. En 3º ESO B o encargado de abrir o blog foi David. Despois deu a dirección e o contrasinal aos demais compañeiros da clase e cadaquen abriu a súa propia páxina, buscaron información sobre Díaz Castro e subírona.

Esta é a ligazón par ir ao n   BLOG DE 3º ESO B:

http://blogpadrefeijoozerelle3b.blogspot.com.es/



En 3º ESO A o encargado de abrir o blog foi Iván. Axudáronlle na administración do mesmo Víctor e Karím. 

A ligazón para poder ver o blog é a seguinte:

http://diazcastro3a.blogspot.com.es/

miércoles, 14 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014 1º ESO A

Traballando tamén cos móbiles, descubrimos as app para facer cómics. E aproveitamos para facer algún sobre a vida e obra de Díaz Castro. Primeiro descargaron nos móbiles ou nas táblets aplicacións para crear cómics. Outro día recollemos (sobre todo da wikipedia) información sobre o autor. Onde naceu, onde viviu, a que se dedicaba...E así, outro día iamos seleccionando imaxes para confeccionar o cómic.
O que colgamos aquí fíxoo Elisa, que traballou coa app My comic photo free.



LETRAS GALEGAS 2014 DÍAZ CASTRO 1º ESO A

No grupo de 1º ESO A aprendemos a facer vídeos cos teléfonos móbiles. Mentres algúns alumnos recitaban poemas do libro Nimbos, outros facían música concreta como acompañamento. He aquí algúns exemplos:


                            Sebastián recítanos "O verme e a estrela".







A Andrea gustoulle "Esmeralda". Leticia, Noemí e Álex fixeron a música de acompañamento. As múltiples gravacións (porque a perfección require tempo) fíxoas Brian. Todo o grupo participou de unha ou outra forma, e sobre todo pasámolo moi ben aprendendo.



Andrea, que ten bo oído musical, foi capaz de adaptar "Penélope" ao rap. Ela mesma o gravou,  pasouno a youtube e  editouno.












LETRAS GALEGAS 2014

Con motivo da celebración das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, os alumnos crearon diversos materiais multimedia que iremos colgando neste blog.





jueves, 24 de abril de 2014

Clase maxistral do escritor FERNANDO MÉNDEZ

Os alumnos de 4º da ESO puideron coñecer persoalmente a Fernando Méndez, autor da novela  incluída no Plan Lector deste ano Deus xogando aos dados. 
O escritor, verdadeiro mago da palabra, deleitounos cunha clase maxistral na que nos falou dos seus libros,

Historia dun crime. O caso do Metílico (Editorial Galaxia,1998), Mil muertos de un trago (Ediciones Península, 1998), Deus xogando , os dados (Editorial Sotelo Blanco, 2011), METÍLICO, 50 años envenenados (Editorial Sotelo Blanco, 2013) e Cuatro esquinitas tiene mi cama (Editorial Suma de Letras, 2014).